Un gol no 96' priva o Ourense C. F. da cuarta vitoria consecutiva en Zamora (1-1)
Un gol no 96' priva o Ourense C. F. da cuarta vitoria consecutiva en Zamora (1-1)
Os de Pablo López tiveron o triunfo na man, e mesmo estragaron un penalti
Na xornada número 16 da Primeira Federación, o Ourense C. F. viu interrompida a súa gran serie de resultados do xeito máis cruel. Cando xa parecía que tiña no peto a cuarta vitoria consecutiva na Liga (quinta contando a eliminatoria copeira co Deportivo), o Zamora igualou no minuto 96 logo dun saque dende o curruncho, mesmo co porteiro Sobrón incorporado ao remate. O empate deixa aos das Burgas na zona de descenso.
O gol do Ourense marcábao ós 35 minutos Iván del Olmo ó rematar un centro de Fernando Andrada nunha xogada con Alejandro Gil. E, logo do descanso, mesmo tiveron os galegos a gran ocasión de ampliar a diferenza. Pero Carbonell non atinou no lanzamento dun penalti, indicado no saque dun córner. Paroullo Sobrón.
O gol do empate chegou por medio de José Carlos na última xogada do encontro, logo dun córner local. O Ourense queda con 17 puntos logo de 16 xornadas.