Un gran Barcelona non dá opción ao Liceo (6-0)

Os coruñeses aguantaron o empate a cero ata o minuto 14

Marc Grau anotou dous goles fronte ao seu exequipo 

G24.gal 25/11/2023 19:01

O Liceo caeu a domicilio fronte ao Barcelona, que é máis líder ao endosarlle seis goles ao equipo herculino.

O conxunto dirixido por Juan Copa mostrou unha gran resistencia no primeiro cuarto de hora, pero derrubouse despois do primeiro gol culé. Marc Grau foi o autor, anotando tamén o cuarto antes do descanso. Entre medias, Ignacio Alabert e João Rodrigues marcaron as diferenzas. Á volta dos vestiarios, co partido practicamente sentenciado, os cataláns marcaron dous goles máis (de novo João e Ignacio).

Con este resultado, o Liceo segue quinto con 15 puntos, mentres o Barcelona continúa líder con 25.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos