Víctor Senra é o shériff ao sur do Condado
Víctor Senra é o shériff ao sur do Condado
Comezou cunha penalización de 58 segundos, pero no sexto treito xa estaba de líder
Berdomás e Jorge Pérez acompañárono no podio
Víctor Senra manda ao sur do Condado. O líder do Campionato Galego de Rallys impúxose na proba superando unha sanción de 58 segundos no primeiro treito. Marcou o mellor tempo en todos e cada un dos treitos cronometrados e acabou impoñéndose a Dani Berdomás. Alberto Meira, que tamén tivo unha penalización de 52 segundos, marchaba no terceiro posto ata que unha avaría no TC11 fixo que abandonase.
Berdomás aproveitou a sanción de Senra para liderar o Rally ata o TC6. Co paso dos quilómetros Senra ía mordendo a desvantaxe ata que se puxo por diante con outros seis treitos por diante. E de aí ata o final non perdoou sendo o piloto máis rápido en cada un deles. Berdomás acabou a 49 segundos de diferenza e, sen Meira, acabou de terceiro Jorge Fernández que lle arrebatou a praza no podio a Manu Fernández no último treito.