Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vueling cancela hoxe 58 voos pola folga de tripulantes, dous deles en Santiago

Vueling cancela hoxe 58 voos pola folga de tripulantes, dous deles en Santiago

Afectou a primeira conexión da Lavacolla con Barcelona, os viaxeiros estaban avisados

A folga mantense os venres, domingos e luns ata o 31 de xaneiro

Os tripulantes de cabina demandan unha suba salarial do 13 %

G24.gal 07/11/2022 14:33

Ambiente tranquilo no aeroporto de Santiago, malia ser un dos afectados por esta cuarta xornada de folga en Vueling.

A conexión de primeira hora con Barcelona suspendeuse na ida e na volta, pero a compañía xa avisara previamente os usuarios, que foron recolocados ou ben recibiron o reembolso dos cartos.

A compañía catalá está a minimizar o efecto da folga cancelando preventivamente os voos que non dá cuberto cos servizos mínimos.

Os paros das tripulacións nacionais de cabina continuarán os venres, domingos e  luns e ata o 31 de xaneiro, ademais de días fortes de decembro como o 6 e o 8 ou o 24 e o 31. Convocados polo sindicato maioritario Stavla, reivindican melloras  salariais do 13 %.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade