Publicador de contidos
Publicador de contidos

Wimbledon prohibirá competir aos tenistas de Rusia e de Belarús

Wimbledon prohibirá competir aos tenistas de Rusia e de Belarús

Medvedev, Sabalenka, Rublev, Pavlyuchenkova, Khachanov o Azarenka son algúns dos xogadores afectados

Foto Wimbledon
G24.gal 20/04/2022 17:44

Medvedev non competirá en Wimbledon, o terceiro Grand Slam da temporada. Wimbledon rexeita a participación de tenistas rusos e de Belarús pola invasión en Ucraína.

Outros xogadores afectados son Sabalenka, Rublev, Pavlyuchenkova, Khachanov o Azarenka

Medvedev é nestes momentos o número dous do mundo. Desde Rusia manifestan o seu malestar. Non admite este país que se mesture o deporte coa política.

Ata o momento, os tenistas rusos e bielorrusos puideron seguir competindo no circuíto coa única condición de non poder usar a bandeira do seu país nin ningún símbolo que os relacione con eles. Wimbledon foi pioneiro en impedir a atletas individuais xogar un torneo, mentres que a Federación Internacional de tenis ( ITF, polas súas siglas en inglés) xa lles vetou das competicións por equipos como a Copa Davis e a Billie Jean King Cup.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos