Cargando resultados...
Xavi Torres renova e collerá a remuda dos capitáns do Lugo
Xavi Torres renova e collerá a remuda dos capitáns do Lugo
Ten 36 anos, pero o seu bo rendemento nos dous anos que estivo no Anxo Carro provocaron a renovación por dúas temporadas
G24.gal
17/06/2022 18:34
Xavi Torres renova polo Lugo por dúas temporadas e asegura catro de presenza no Anxo Carro. Torres colle a remuda dos tres capitáns que deixaron o club (Seoane, Pita e Iriome) e será o home forte no vestiario.
Cando comece a próxima campaña cumprirá trinta e seis anos. Xogou sesenta e oito partidos co Lugo ata o momento e marcou catro goles. Con Xavi Torres o equipo de Mauro Pérez asegura traballo, compromiso e experiencia no centro do campo.