Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ximo Navarro prolonga o contrato ata 2026 co Deportivo

Ximo Navarro prolonga o contrato ata 2026 co Deportivo

O lateral de 35 anos foi un dos xogadores máis destacados do cadro coruñés esta campaña

0 seconds of 0 secondsVolume 50%
Press shift question mark to access a list of keyboard shortcuts
Keyboard Shortcuts
Play/PauseSPACE
Increase Volume
Decrease Volume
Seek Forward
Seek Backward
Captions On/Offc
Fullscreen/Exit Fullscreenf
Mute/Unmutem
Seek %0-9
00:00
00:00
00:00
00:00
 
G24.gal 09/04/2025 20:16

Ximo Navarro, que remataba contrato en xuño de 2025, seguirá unha campaña máis defendendo a camisola do Deportivo. Club e xogador chegaron a un acordo para prolongar o vencello visto o gran rendemento que deu o lateral granadino ao longo de todo o campionato. Ata a súa lesión, no partido do Cartaxena, Navarro era un indiscutible tanto para Idiakez como para Gilsanz e cunhas prestacións goleadoras descoñecidas ao longo da súa traxectoria. Marcou catro goles, case tantos como en toda a súa carreira. 

O defensa chegou á Coruña en 2023 e acadou o ascenso de 1ª RFEF. Viña precedido dun historial cheo de equipos de Primeira División como o Mallorca, o Almería, o As Palmas ou o Alavés e antes de chegar ao conxunto coruñés tivo unha experiencia na máxima categoría dos Países Baixos, no Fortuna Sittard. Con 35 anos cumpridos no mes de xaneiro Ximo Navarro é un xogador moi versátil que pode actuar en ambas as dúas bandas e mesmo pode xogar no centro da defensa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos