Hai un precedente que ratifica a tese do Arousa para gañar a eliminatoria

Na temporada 14-15 o Ximnástico de Tarragona foi sancionado no Grupo III de 2B por aliñar un porteiro do filial con 24 anos

G24.gal 04/11/2023 07:45

Existe un precedente ao que vai facer referencia o Arousa na súa impugnación do partido copeiro contra o Granada. Na temporada 14-15, no grupo III da Segunda B, o Ximnástico de Tarragona aliñou un porteiro con ficha do filial e que tiña 24 anos. Era Tomeu Nadal, hoxe gardameta do Tenerife e que xogou o partido de Copa contra o Compostela. 

O Atlético Baleares denunciou o feito e o xuíz estimou a aliñación indebida, algo que foi ratificado polo TAD no expediente 82/2014. 

A decisión do equipo tarraconense foi a de cambiar en xaneiro a ficha de Tomeu Nadal e pasalo do filial ao primeiro equipo co que ese ano puido xogar tres partidos na segunda volta da competición.

Todo isto enmárcase nunha competición de ámbito "non profesional", argumento que tenta tombar o Mallorca ao considerar a Copa como "profesional", o único punto xurídico que lles pode dar a razón e salvar a súa clasificación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade