Os presidentes autonómicos do PP reclaman igualdade de trato
Os presidentes autonómicos do PP reclaman igualdade de trato
Alfonso Rueda asegurou que Galicia non vai tolerar ser menos que ningunha outra comunidade autónoma
Díaz Ayuso di que Sánchez é un perigo para España e que o silencio do PSOE converte os socialistas de todas as comunidades autónomas en independentistas
Feijóo di: "Diñeiro por votos. O peor é que ninguén coñece o límite da súa inmoralidade"
Xa hai reaccións ao acordo entre o PSOE e os independentistas. Numerosos presidentes autonómicos do PP pronunciáronse a través das redes sociais para reclamar igualdade de trato para as súas comunidades autónomas.
O presidente da Xunta de Galicia Alfonso Rueda asegurou a través dun chío que Galicia non vai tolerar ser menos que ningunha outra comunidade, en referencia á condonación de 15.000 millóns de euros a Cataluña.
Hace menos de una semana, el Gobierno de Sánchez me acusó de inventar “fake news” por avisar de que esto pasaría. Hoy, por desgracia, ya es oficial. Cómo me gustaría haberme equivocado.
— Alfonso Rueda (@AlfonsoRuedaGal) November 2, 2023
La postura de Galicia es la misma de siempre: no toleraremos ser menos que ninguna comunidad pic.twitter.com/l5O33LmAR7
A presidenta madrileña Isabel Díaz Ayuso di que Sánchez é un perigo para España e que o silencio do PSOE converte os socialistas de todas as comunidades autónomas en independentistas.
O presidente andaluz Juanma Moreno reclama 17.800 millóns de euros e un fondo de compensación que lle permita a Andalucía recuperar os 15.000 millóns que, calcula, perde co actual sistema de financiamento.
O presidente de Castela e León Alfonso Fernández Mañueco e o da Rexión de Murcia Fernando López Miras anunciaron que irán aos tribunais tras denunciar que o acordo "xera desigualdade" e dá "carta de natureza a favoritismos ".
Ás queixas pola desigualdade uníronse os presidentes de Aragón Jorge Azcón, de Estremadura María Guardiola ou de Cantabria María José Saénz de Buruaga, que denuncian: "O que Cataluña non paga, pagámolo todos".
Tamén censurou o acordo o presidente do PP catalán Alejandro Fernández, que sinalou que "concretada a amnistía" só queda un "último punto na folla de ruta compartida entre o separatismo e a esquerda: España como República Confederal Asimétrica", e anticipa tamén resposta ante os tribunais.
Feijóo: "Sánchez está disposto a todo por seguir no poder"
Tamén se pronunciou o presidente do PP Alberto Núñez Feijóo, quen asegurou: "Sánchez está disposto a cedelo todo por seguir no poder. Quince mil millóns de euros de todos os españois polos votos de ERC nun pacto de investidura que dá a amnistía e abre a porta a un referendo en Cataluña".
Sánchez dispuesto a cederlo todo por seguir en el poder.
— Alberto Núñez Feijóo (@NunezFeijoo) November 2, 2023
15.000M € de todos los españoles por los votos de ERC en un pacto de investidura que da la amnistía y abre la puerta a un referéndum en Cataluña.
Dinero por votos. Lo peor es que nadie conoce el límite de su inmoralidad.
"Diñeiro por votos. O peor é que ninguén coñece o límite da súa inmoralidade", conclúe Feijóo.