Bamba e Carles resolven o trámite copeiro diante do Turégano (0-4)

Os extremos marcaron cadanseu dobrete nun triunfo celeste que resultou cómodo diante dun equipo da Preferente

G24.gal 01/11/2023 17:09

O Celta gañou con comodidade en Segovia diante do Turégano (0-4) e estará na segunda rolda da Copa do Rei. O mellor, ademais do resultado, foi a estrea de varios xogadores como Hugo Álvarez ou Javi Domínguez, do Celta Fortuna, co primeiro equipo.

Os goleadores foron dous extremos. Jonathan Bamba marcou na primeira metade nos minutos 11 e 33, tantos que acabaron coa resistencia do equipo local. 

Na segunda parte tamén acadou o seu dobrete Carles Pérez. Benítez empregou o partido para darlle minutos ao catalán, que apunta a ser moi importante nas vindeiras xornadas ligueiras despois de recuperarse das súas doenzas. Carles anotou no 57 e no 71. 

O equipo volverá en autobús, e non en avión como estaba previsto, para comezar a preparar o partido da fin de semana diante do Sevilla, o compromiso que ten subliñado en vermello o cadro vigués. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade