Milleiros de galegos cumpren coa tradición de levar flores ás tumbas e honrar os seus defuntos

Moitos aproveitaron a tregua que deu o tempo pola mañá ante a previsión de chuvia e vento para esta tarde

G24.gal 01/11/2023 13:25

Os camposantos volveron ser esta mañá un continuo rebulir de xente que acode a cumprir coa tradición de honrar os seus seres queridos ausentes con flores e candeas.

Moitos aproveitaron a tregua que deu o tempo pola mañá ante a previsión de chuvia e vento para esta tarde. E co temor de que o temporal estrague todo o traballo.

Convén lembrar que a partir das 3 da tarde hai alerta laranxa por vento forte en case toda Galicia polo que é aconsellable evitar a visita aos camposantos ou onde poidan caer obxectos ou árbores. No de San Amaro na Coruña por exemplo pecharase a entrada principal a partir das 4 da tarde por precaución porque hai árbores nas inmediacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade