Cargando resultados...
O Celta agarda que a Copa sexa un alivio e comezar a remonta contra o Sevilla
O mércores xoga diante do Turégano antes de recibir o sábado a outro equipo en crise
G24.gal
29/10/2023 12:57
Se o Consello de Administración confía no proxecto de Benítez a tres anos vista e feitas as pertinentes reclamacións aos árbitros, ao celtismo so lle queda a mobilización e o apoio incondicional para, entre todos, sacar o barco das pedras.
Desde o terreo de xogo o roteiro é claro: autocrítica e unidade no vestiario. E como bálsamo reparador de cara ao partido do sábado, o mércores, as tres e media, na Copa, o primeiro rival: o Turégano Segoviano.
O Celta foi o premio para o modesto Turégano, o premio do Celta será gañarlle o sábado en Balaídos ao Sevilla.