O celtismo mobilízase para amosar o descontento coas arbitraxes

Benítez reclama o respecto arbitral e o público apupará o colexiado no minuto 12 do partido contra o Sevilla

G24.gal 03/11/2023 15:55

O Celta vaga pola zona de descenso. 6 puntos de 33 posibles con erros arbitrais na contra. O de Xirona marcou un punto de inflexión.

Edu Fernández, o traballador que mima todo o material dos futbolistas, foi expulsado en Xirona por protestar o gol anulado. O Celta promove coa súa imaxe o partido de mañá ante o Sevilla. Choven os erros arbitrais. Chove moito.

A realidade é que se embrollan os erros arbitrais e o peor inicio de liga na historia do club. O Celta non gaña en Balaídos. Só logrou aí dous puntos de 18 posibles. Benítez reclama respecto arbitral e o celtismo protestará cunha pitada no minuto 12.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar