Publicador de contidos
Publicador de contidos

O grupo de teatro da ONCE de Vigo convértese en agrupación artística

O grupo de teatro da ONCE de Vigo convértese en agrupación artística

O grupo de teatro da ONCE en Vigo está de parabéns. Acaban de converterse en agrupación artística, polo que poderán amosar o seu traballo polos escenarios de toda Galicia.

Comezaron a adentrarse no mundo da interpretación pouco antes da pandemia e agora multiplicaron os seus ensaios e traballan na súa última obra, Arroutada, que estrearán en xullo

O grupo Setestrelo está formado por un elenco de doce actores e actrices, nove deles, teñen discapacidade visual

G24.gal 17/04/2024 21:42 Última actualización 17/04/2024 22:43

Adentrámonos no ensaio da súa última obra, Arroutada. Unha historia moi tola representada por un elenco doce artistas. Nove deles teñen discapacidade visual.

Baixo as ordes de Mónica ensaian unhas seis horas á semana. A falta de visión non é un problema.

"O feito de que eles sexan cegos ou cegas ou que teñan resto de visión non implica que non poidan facer moitisísimas cousas. De feito, hai cousas que tes que adaptar".

Coñecen cada palmo deste escenario e móvense por el sen problema algún. Falamos con Rogelio.

"O coñecemento do espazo en que te moves ou practicar nel, e ser capaz de dominalo ou moverte sérveche para desenvolverte noutros ámbitos".  

Un traballo moi emocional que lles axudou tamén noutros ámbitos da vida. Así nolo conta Carmen García.

"Si que me está axudando no día a día para afrontar barreiras psíquicas a través de traballar personaxes, improvisar...".

O grupo, baixo o nome de Setestrelo, acaba de converterse en agrupación artística, polo que poderán amosar o seu traballo fóra deste salón da actos da ONCE en Vigo. 

"Un dos principais obxectivos da ONCE é a integración das persoas con discapacidade visual e autonomía. É unha maneira de alcanzalo a través do ocio e da cultura".

Así define Lorena Fernández esta actividade, que comeza para eles a profesionalizarse. A estrea da súa nova obra será en xullo, seguramente en Vigo, despois agardan subir a outros escenarios espallados por toda Galicia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade