Novas
Contido con Temática .
Laboral
Os avogados da quenda de oficio reclaman un traballo digno
10/05/2024 14:13
Levan en folga indefinida desde novembro para que lles melloren as súas condicións laborais
Aseguran que a día de hoxe lles custa cartos traballar, e que son eles e non o Goberno os que sosteñen a xustiza gratuíta
O conselleiro de Emprego critica que a reforma do subsidio do paro se fixese "sen consenso"
10/05/2024 11:03
José González considera que "non son boas formas de empezar unha reforma", da que se desmarcou a patronal CEOE
Ve "moita marxe de crecemento do emprego industrial" e avoga por "un grande acordo" que permita a implantación de novas empresas no sector
Cre que os principais retos do mercado laboral son abordar a "escaseza de emprego nalgúns sectores" e a "remuda xeracional" no comercio polo miúdo
Concentracións da CIG polo dereito a unha xubilación digna
09/05/2024 12:15
A central sindical demanda, entre outras cousas, a xubilación parcial aos 61 anos para todos os traballadores, non só para os da industria manufactureira; tamén a xubilación aos 65 anos, e voluntaria, a partir dos 35 anos cotizados
Sánchez pídelles aos empresarios que suban os salarios dos traballadores
08/05/2024 14:48
Os traballadores de Navantia prolongan as protestas cun peche no estaleiro de Ferrol
08/05/2024 09:49
Este xoves a representación dos traballadores afronta unha nova xuntanza coa empresa coas posturas moi distantes respecto ao plan estratéxico e o convenio colectivo
Goberno e sindicatos pactan a reforma do subsidio de desemprego sen o apoio da patronal
08/05/2024 08:42
A axuda será de 570 euros ao mes durante os 6 primeiros meses e de 540 os 6 seguintes, e entrará en vigor en novembro con carácter xeral
Yolanda Díaz: "Isto non é ningunha paguiña, é un dereito"
CCOO e UXT salientan a importancia do acordo para mellorar a vida de moitas persoas
A patronal lamenta que non houbese "verdadeira negociación"
A cifra de autónomos subiu en Galicia, con más de 8.800 novos traballadores no primeiro trimestre
07/05/2024 14:23
Detrás desta suba hai unha novidade: a cota cero, unha medida que aplica Galicia e que bonifica o cen por cento das cotizacións
O naval de Ferrol volve á rúa "decidido a pelexar" polo seu convenio colectivo
07/05/2024 11:50
Traballadores de Navantia Ferrol iniciaron este martes un calendario de mobilizacións que continuarán mañá cun peche de 24 horas
UGT pide que os antigos bolseiros non paguen por incorporar as prácticas á vida laboral
07/05/2024 09:11
A organización xuvenil RUGE, de UXT, cre que a medida é discriminatoria, xa que os antigos bolseiros deben asumir tamén a cotización empresarial
A Seguridade Social supera por primeira vez a barreira dos 21 millóns de afiliados
06/05/2024 08:52
A Seguridade Social sumou 199.538 ocupados no mes, mentres que o paro se reduciu ata os 2,66 millóns de persoas, a cifra máis baixa desde setembro de 2008
Galicia suma 6.740 empregos e reduciu o paro en 2.677 persoas
O Supremo rexeita que se compaxine traballo remunerado con pensión de grande invalidez
03/05/2024 16:36
O tribunal considerou incompatible que un home cobrase a súa pensión vitalicia mentres traballaba a tempo completo e estaba dado de alta na Seguridade Social
Morre un traballador en Ponteceso ao caerlle enriba un muro de pedra
03/05/2024 13:33
O accidente laboral produciuse no lugar de Anllóns de Arriba, na parroquia de Anllóns
A Xunta aposta pola formación específica para facilitar o acceso ao emprego
02/05/2024 13:12
O conselleiro de Emprego reuniuse este xoves con representantes da CIG e CCOO
Sindicatos e empresarios discrepan sobre a redución da xornada laboral no 1 de Maio
01/05/2024 11:05
Paulo Carril, secretario xeral da CIG: "Os avances tecnolóxicos e os cambios na xestión da organización do traballo fan posible a redución da xornada laboral"
Juan Manuel Vieites, presidente da CEG: "Estamos preocupados polo impacto da redución da xornada na produtividade e os custes laborais"
As mobilizacións do 1.º de Maio en Galicia esixen mellorar salarios e frear a precariedade
01/05/2024 09:09
Un ano máis, os sindicatos concorren por separado
A CIG reclama "traballo digno" e CCOO e UXT marchan polo "pleno emprego"
Entrevistas na RG: sindicatos e empresarios discrepan sobre a redución da xornada laboral
Os sindicatos pídenlle ao Goberno este Primeiro de Maio que continúe coas reformas
01/05/2024 08:36
"Polo pleno emprego: reducir xornada, mellorar salarios", é o lema escollido por UXT e CCOO este Día do Traballo
Cen postos de traballo para 250 aspirantes
30/04/2024 14:42
A XV Feira de Emprego de Carballo ofrece oportunidades para parados menores de 30 anos
A Cámara da Comercio da Coruña dirixe este encontro aos mozos inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
Os parados terán itinerarios personalizados para formación e procura de emprego
30/04/2024 11:37
A vicepresidenta segunda e responsable de Traballo di que agarda ter unha proposta para a redución da xornada laboral antes do verán
A figura do comprador persoal inmobiliario asesora o cliente para adquirir a súa vivenda
27/04/2024 14:10
É unha profesión recente, pero cada vez con máis demanda, xa que mesmo supón un aforro no prezo
O experto busca e valora os inmobles segundo as necesidades do cliente
Preacordo entre os bombeiros e o Goberno local de Ourense
26/04/2024 13:49
Despois das protestas desta semana acadaron un acordo para que o 7 de maio se inclúan eses pluses nas súas nóminas
CCOO e UXT reclaman medidas para acabar coa sinistralidade laboral
26/04/2024 13:47
Segundo as cifras dos sindicatos, a sinistralidade laboral aumentou máis dun 7 % no último ano en Galicia
Destrúense 139.700 empregos no primeiro trimestre, a maior caída desde 2020
26/04/2024 09:08
O paro subiu en 117.000 persoas entre xaneiro e marzo, quedando a taxa de paro no 12,29 %
O paro sobe en Galicia un 14 % e a taxa sitúase no 10,4 %
O oficio tradicional de ferreiro queda sen remuda
24/04/2024 14:17
En Riotorto xa quedan poucos ferreiros en activo
Os fouciños son os produtos máis demandados
Inspección de Traballo actuará contra os abusos no período de proba dos contratos
24/04/2024 11:54
O Ministerio vai poñer en marcha unha campaña para comprobar posibles incumprimentos por parte das empresas
Yolanda Díaz advirte: "En ningún caso imos permitir que ese período de proba sexa unha escusa para a fraude. Acabouse o tempo en que as persoas traballadoras eran de usar e tirar".
23/04/2024 14:36
A Seguridade Social terá que devolverlle a unha muller as cotas que lle reclamou
O auto, que é firme, podería beneficiar milleiros de autónomos na súa mesma situación de novembro de 2019 e maio de 2021
Freixenet presenta un ERTE que afectará a 615 persoas pola crise causada pola seca
23/04/2024 09:17
Non se aplicará a traballadores da área comercial e, en función da área de actividade, terá unha afectación dun 20 % a un 50 %
O desembarco do grupo automobilístico Chery en Barcelona reportará 1.250 empregos
19/04/2024 12:04
A chegada do grupo chinés Chery ás antigas instalacións de Nissan de Barcelona permitirá producir ata 150.000 automóbiles en 2029
A operación prodúcese tras a alianza entre Chery e Ebro-EV Motors
Talleres mecánicos de Lugo farán contratacións no Perú ante a falta de man de obra
18/04/2024 13:54
Xa pecharon 45 contratacións que agardan incorporar no verán
Ecuador suspende a xornada laboral do xoves e do venres en medio da crise enerxética
17/04/2024 19:31
Noboa pediu a renuncia da ministra de Enerxía e Minas Andrea Arrobo, quen asegurou que non habería apagamentos a curto prazo
Acúsaa tamén, a ela e a outros funcionarios, de agochar información para evitar esta crise
O Concello de Lugo debe máis dun millón de euros os traballadores municipais
12/04/2024 14:14
A denuncia é dos seis sindicatos representados no Concello, que se xuntan por primeira vez para dar visibilidade a unha situación que, din, arrastran desde hai máis dun ano
Acumulan atrasos no pago de horas extras, complementos de produtividade ou en axudas médicas e de formación
Traballo retirará as medallas ao mérito a Díaz Ferrán e Fernández Gayoso
12/04/2024 12:29
Con esta medida o Goberno pretende eliminar "calquera complicidade coa corrupción"
A vicepresidenta segunda traballa nunha reforma do despedimento e avanza que chamará en setembro os axentes sociais para subir o SMI
O persoal das tendas de Inditex maniféstase na Coruña para reclamar melloras laborais
07/04/2024 14:18
Reclaman que as dependentas cobren o complemento de antigüidade do que xa se benefician no centro loxístico de Sabón
05/04/2024 14:16
Chaman ás administracións a que actúen para garantir a seguridade dos traballadores
Os sindicatos piden ampliar os sectores que acceden á xubilación anticipada
05/04/2024 14:14
Reclaman que se aplique naqueles traballos máis perigosos ou esixen máis esforzo físico
O sector eólico calcula que ten por cubrir unhas 1.000 vacantes en traballos de reparación
05/04/2024 13:58
O convenio de formación entre a Xunta e as empresas do sector pretende facilitar a cobertura destes postos con man de obra cualificada
Alcoa ve "incerto" o éxito da venda da factoría de San Cibrao e avoga por medidas laborais
05/04/2024 11:39
A multinacional norteamericana do aluminio di que tanto o Goberno como a Xunta participarán no proceso
O uso do teléfono persoal no traballo pode ser motivo de despedimento
04/04/2024 14:12
Varias sentenzas avalan despedimentos por estes motivos, sempre que a prohibición sexa notificada ao traballador e este a incumpra repetidamente
Stellantis afronta unha nova parada na factoría de Vigo por falta de aprovisionamento
04/04/2024 11:45
A parada afecta o sistema 2 de produción da factoría, que ensambla furgonetas
A Axencia Tributaria prevé devolver 673 millóns de euros a 919.000 galegos coa renda
03/04/2024 14:50
O prazo para presentar a declaración finaliza o 1 de xullo
Aragón interésase pola ferramenta da Xunta que sincroniza con IA oferta e demanda de emprego
02/04/2024 14:17
Tras un período de proba, EMI xa está dispoñible nas oficinas de emprego de Galicia