Cargando resultados...
Anne Nikitik: "Ronsel foi un fervor de intelectuais apaixonados"
Anne Nikitik: "Ronsel foi un fervor de intelectuais apaixonados"
A Fundación Vacan, que mantén o legado do lucense José Vázquez Cereijo, impulsou esta mostra aberta ata o 30 de novembro no Museo Provincial de Lugo
Ronsel: 100 anos despois é unha viaxe pola actividade cultural que caracterizou a cidade de Lugo nas décadas dos anos 20 e 30
G24.gal
15/11/2024 14:43
Última actualización 15/11/2024 16:29
Para conmemorar o centenario da revista Ronsel, o Museo Provincial de Lugo acolle unha exposición multidisciplinar que viaxa pola actividade cultural da cidade nas décadas dos anos 20 e 30, ata o comezo da Guerra Civil. Malia a súa curta vida, esta publicación bilingüe deixou unha gran pegada no panorama cultural galego e nacional. Libros, revistas, cadros, esculturas, fotografías ou xornais son algunhas das pezas que reviven esa época.