Publicador de contidos
Publicador de contidos

Antía Yáñez, escritora: "Non sabemos como tratar e tratarnos canto a doenzas mentais"

Antía Yáñez, escritora: "Non sabemos como tratar e tratarnos canto a doenzas mentais"

'Non penses nun elefante rosa' aborda a saúde mental nunha muller nova

Esta é a segunda novela para adultos de Yáñez, que ten varios títulos de literatura infantil e xuvenil
 

G24.gal 10/04/2022 11:30

Na psicoloxía hai un efecto chamado o do elefante rosa. Trátase do control dos pensamentos. A sensación de que os pensamentos nos traizoan. Cada persoa pode vivilo de maneira diferente e, máis ou menos, obsesivamente. Se non queres pensar nun elefante rosa, inmediatamente o noso pensamento faise rebelde e aparece nel un elefante rosa...

Neste libro hai obsesións, pensamentos rebeldes e intención de controlalos. 'Non penses nun elefante rosa' é a novela de Antía Yáñez que se acaba de publicar en Xerais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos