Carlos Castelao: "Os Chicharro non querían facer fotografía monumental, senón ser testemuñas da transformación da cidade"
Carlos Castelao: "Os Chicharro non querían facer fotografía monumental, senón ser testemuñas da transformación da cidade"
Compostela á lupa é unha mostra que homenaxea o fotógrafo Manuel Chicharro e o seu fillo Luís Chicharro
As imaxes dos Chicharro son testemuñas da evolución de Santiago e os seus arredores
A mostra, comisariada por Carlos Castelao e Rubén Martínez, pódese ver na Casa do Cabido de Compostela
Miramos atrás para descubrir como se transformou Santiago e os seus arredores a través de fotografías antigas nunha mostra organizada polo Consorcio de Santiago en Colaboración co Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. A exposición podedes vela ata finais de mes na Casa do Cabido. Os artífices destas imaxes históricas son os fotógrafos Manuel e Luís Chicharro.