Náufragos Teatro: "Quixemos fuxir da palabra normal: a diferenza é o que nos fai grandes"
Náufragos Teatro: "Quixemos fuxir da palabra normal: a diferenza é o que nos fai grandes"
Náufragos Teatro presenta 'Hugo' para concienciarnos sobre os trastornos de espectro autista
En 'Hugo' participan Daniel Valentín na música e os actores: María Roja e Jimmy Núñez
Teñen representacións o 1 de abril en Ames, o 2 en A Coruña e o 3 en Lugo
Son moitas as propostas ás que nos pode conducir unha representación teatral: á crítica, á reflexión, ao humor e tamén á idea de visibilizar e normalizar realidades que, en moitos casos, permanecen nuns ámbitos exclusivamente privados.
Todo isto vén a conto da nova produción da compañía Os Naufragos Teatro que expón con naturalidade e respecto o TEA, trastorno do espectro autista. É unha peza que convida á reflexión e da que falamos co director da obra e coa personaxe que intenta facerse amiga do rapaz que padece esa afección neurolóxica.