Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os imperfectos, Ana Lúa Caiana e Sabine McCalla, nas músicas de Marta Gómez

Os imperfectos, Ana Lúa Caiana e Sabine McCalla, nas músicas de Marta Gómez

Os imperfectos, unha nova banda de Vilagarcía entre a poesía e a música

Ana Lúa Caiana, electro folk luso con parada con Caudal Fest e o Maré

Sabine McCalla, as raíces haitianas na mestura musical do Hola Nola Lab Fest

G24.gal 16/09/2024 16:00 Última actualización 16/09/2024 17:08

Os Imperfectos publicarán este ano o seu primeiro disco, Supernova. é un novísimo trío de Vilagarcía con dúas facetas mesturadas: a poesía de Juan Carballo e a música de Álvaro Cardalda e Pedro Falcón. A súa tarxeta de presentación é un sinxelo que chama a buscar o máxico do día a día.

Ana Lúa Caiana é unha das últimas revelacións da escena independente lisboeta. "Vou ficar neste cadrado" é o seu esperadísimo primeiro disco, que bebe tanto das músicas de vangardas como do tradicional. Participa no Caudal Fest e no Maré, nun outono que tamén a levará a Fira de Manresa e o Bime de Bilbao.

Hola Nola Lab Fest é máis que un festival ao uso, unha convivencia entre músicos de distintas procedencias que teñen a Nova Orleáns como base de operacións. Este ano o festival expándese a Madrid, ademais das sedes de Santiago e Ourense. Unha das estrelas será a novísima Sabine McCalla.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade