Publicador de contidos

Publicador de contidos

Raposa: "Este disco fala de construír ben o amor"

Raposa: "Este disco fala de construír ben o amor"

Raposa é un dúo de guitarras e voz que mestura xéneros como a canción de protesta, a música clásica, pop ou o jazz

No disco, catorce tema cos que queren transmitir benquerer, coma un refuxio sonoro con vontade de espallar agarimo e coidados

A música de 'Un amor' está inspirada na famosa banda sonora do filme portugués 'Os verdes anos', de Carlos Paredes

G24.gal 25/04/2025 17:46 Última actualización 28/04/2025 11:00

"Teño un amor que foxe cando me achego, cando me afasto decide achegarse a min. Que me queres, amor? non sei se queres xogar ou non sabes querer".

'Un amor' é o tema que lle dá nome ao primeiro disco de Raposa. E Raposa son Rubén Abad e María Villanueva, que tocan e cantan fermoso. 'Un amor' foi o primeiro tema que compuxeron xuntos despois de volver atoparse. Un tema no que Raposa imita o son da guitarra portuguesa de Carlos Paredes co cuarto portorriqueño, un certo acento antillano e unha música fortemente influída pola cultura galaico-portuguesa. Con esta fórmula soa 'Un amor'  e que e tamén o tema que lle dá nome o disco de Raposa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade