Raquel Díaz: "Traficaron con persoas durante os períodos máis intensos da emigración"
Raquel Díaz: "Traficaron con persoas durante os períodos máis intensos da emigración"
A mostra 'Regressar' do Museo do Pobo Galego mestura ilustracións con diferentes testemuños que falan de como era e como mudou a vida en Beira Alta en Portugal
Obrigados polo réxime salazarista a loitar, entre 1961 e 1974, na chamada Guerra de Ultramar en África, moitos veciños tiveron que marchar
Tras a primeira migración a partir dos anos 80 continuou o éxodo por motivos económicos e estas zonas quedaron abandonadas
"Toda a gente se lembra da data em que emigrou: o día, o mes, o tempo que fazia... É como um segundo nascimento".
A memoria popular sustenta 'Regressar', un proxecto da artista visual Raquel Díaz que agora podemos ver en formato exposición no Museo do Pobo Galego, en Santiago. Unha exposición sobre o proceso de creación dun libro ilustrado que nos achega a historia da Beira Alta, unha zona do interior de Portugal.