Cargando resultados...
Susana Sanches Arins: "Unha das cousas máis interesantes da infancia é como lidamos cos medos"
Susana Sanches Arins: "Unha das cousas máis interesantes da infancia é como lidamos cos medos"
O libro Cinco Corujas, editado por Através, é un xénero híbrido que mestura o relato, a poesía e as ilustracións de Andrea López
Desde a memoria fabulada da autora, relata á crianza dos nenos no rural galego nos anos 80 e 90
G24.gal
13/12/2023 14:37
Última actualización 13/12/2023 17:05
As cinco corujas protagonistas deste libro andan a aprender a arte do voo. Adoitan estar sempre xuntas e están extremadamente atentas, cos ollos ben abertos. Unha desas Cinco corujas é a autora do libro, Susana Sanches Arins, que nos devolve a unha infancia e unha realidade que moitas vivimos. No seu caso, no Foxo, na casa do mestre.