Cargando resultados...
Tamara Canosa: "Quixemos indagar nas feridas que temos en común todas as artistas"
Os actos e as profecías estréase hoxe no Salón Teatro de Santiago
A dramaturxia da obra corre a cargo de Tamara Canosa e Xacio Baño
A obra é a produción central do 40 aniversario do Centro Dramático Galego
G24.gal
11/04/2024 14:41
Última actualización 11/04/2024 16:39
A fenda que existe entre os soños e a realidade. Esa é a idea sobre a que xira a última proposta do Centro Dramático Galego coa que queren celebrar 40 anos de vida sobre os escenarios. Os actos e as profecías estréase hoxe no Salón Teatro de Santiago con 20 actores sobre as táboas que simulan o universo dos talent shows. Tamara Canosa dirixe esta produción, que poderá verse ata o 26 de maio.