Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Asemblea Lexislativa boliviana acaba a puñadas nunha xornada tensa

A Asemblea Lexislativa boliviana acaba a puñadas nunha xornada tensa

O ministro de Goberno daba contra da detención dun político opositor acusado de instigar o derrocamento de Evo Morales

Finalmente, Eduardo del Castillo non foi censurado, pero na asemblea houbo unha lea entre deputadas que chegou ás mans

G24.gal 25/05/2023 08:34 Última actualización 25/05/2023 09:33

A Asemblea Lexislativa boliviana acabou a puñadas. Foi unha xornada moi tensa, en que se debatía a censura do ministro de Goberno. Eduardo del Castillo compareceu para explicar o encarceramento do gobernador da rexión de Santa Cruz, a principal figura da oposición, acusado de conspirar para derrocar a Evo Morales.

E a sesión acabou cun grupo de deputadas opositoras que tentou achegarse a Castillo con pancartas e outro grupo cortoulles o paso; a lea evolucionou ata chegaren ás mans.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade