Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Audiencia Nacional abre xuízo oral a Luis Rubiales polo bico a Jenny Hermoso

A Audiencia Nacional abre xuízo oral a Luis Rubiales polo bico a Jenny Hermoso

A Fiscalía pide para o expresidente da Federación Española de Fútbol dous anos e medio de prisión

G24.gal 08/05/2024 20:56

A Audiencia Nacional acordou a apertura de xuizo oral a Luis Rubiales polos delitos de agresión sexual e coaccións polo bico non consentido a Jenni Hermoso. Rubiales sentará no banco dos acusados xunto aos outros tres investigados por coaacionar a futbolista Jenni Hermoso: o exdirector deportivo da selección masculina Albert Luque, o exadestrador da selección feminina Jorge Vilda e o que fora responsable de marketing Rubén Rivera.

Ademais, o maxistrado Francisco de Jorge dá un prazo de 24 horas ao expresidente da Federación Española de Fútbol para que presente unha fianza de 65.000 euros polo delito de agresión sexual. A Fiscalía pide para el dous anos e medio de prisión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade