O Congreso chileno aproba realizar un xuízo político para destituír a Piñera
O Congreso chileno aproba realizar un xuízo político para destituír a Piñera
A Cámara de Deputados de Chile aprobou este martes realizar un xuízo político para destituír o presidente do país, o conservador Sebastián Piñera, por supostas irregularidades na venda dun polémico proxecto mineiro.
Foi nunha votación onde os deputados resolveron por 78 votos a favor, 67 en contra e 3 abstencións que a acusación constitucional avance ao Senado. Este será o órgano que xulgue o mandatario polo escándalo na investigación os papeis de Pandora.
Os papeis revelan as presuntas irregularidades na venda da Mineira Dominga por parte dunha empresa dos fillos de Piñera en Illas Virxes Británicas a un íntimo amigo da familia presidencial. A venda produciuse nove meses despois de que Sebastián Piñera asumira o cargo para o seu primeiro mandato non consecutivo.
O presidente chileno defende que se desvinculou dos seus negocios a través de fideicomisos cegos en 2009 e que o revelado xa foi sobresido en 2017.
O próximo 21 de novembro celébranse en Chile as eleccións máis transcendentais e incertas nas que se decidirá precisamente ao sucesor de Piñera.