Publicador de contidos
Publicador de contidos

A chuvia marca a celebración en Lugo dun dos días grandes do San Froilán

A chuvia marca a celebración en Lugo dun dos días grandes do San Froilán

Algúns carruseis mantivéronse pechados porque as pistas estaban molladas

Ademais do feiral, pódese visitar unha mostra de olería e outra de gando autóctono 

A música tradicional e a contemporánea enchen as rúas da capital lucense

G24.gal 05/10/2024 21:02 Última actualización 05/10/2024 21:51

O día do patrón de Lugo veu pasado por auga. Con todo, a festa atraeu moitos visitantes que se achegaron ao feiral, a subir ás atraccións, asistir a algún concerto e, por suposto, a comer o polbo. 

No feiral, só os carruseis cubertos puideron traballar. Outra opción era coñecer de preto razas autóctonas, na carpa situada a carón do antigo cárcere. 

Tamén hai oportunidade de achegarse á olería e mesmo traballar o vimbio, neste caso con Corazóns Artesáns. 

Malia a choiva, non faltaron os tradicionais pasacalles e a música máis contemporánea nos concertos de última hora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos