Publicador de contidos
Publicador de contidos

2025 comeza con frío, churros e ganas de seguir de festa

2025 comeza con frío, churros e ganas de seguir de festa

A noite máis longa deixou paso a unha mañá en que moitos repoñían forzas para poder continuar coa celebración

G24.gal 01/01/2025 09:23 Última actualización 01/01/2025 14:52

As primeiras horas de 2025, que comezou en Galicia con moito frío, deixaron imaxes de celebracións que aínda se alongaban ata ben entrada a mañá.

Nas churrerías de moitas cidades e vilas coincidían os que despiden a noite co chocolate quente cos que madrugaron neste primeiro día do ano. 

Comidas as uvas da sorte, arrancou a festa rachada polas rúas do país. E como cada Noitevella, elegancia e ganas de xolda conxugáronse nestas primeiras horas do ano ás portas de pubs e discotecas. 

Xa dentro dos locais, máis temperados, música a tope para despedir por todo o alto o ano que acaba e recibir  o que chega. 

Para gozar as cousas boas da vida, nada mellor que comezar o ano con moito baile, moito humor e moita risa compartida. E claro, non esquecerse de inmortalizar cada momento por se a memoria falla nalgún momento. 

Avanzada a madrugada, e esgotadas as forzas tras horas de troula, a seguinte cita era cos churros e co chocolate quente para temperar o corpo, tras unha noite moi fría en que os termómetros baixaron de cero en boa parte de Galicia. 

Para moitos, este primeiro día será para descansar, recuperarse dos excesos nocturnos e ir maquinando nos propósitos para este novo ano. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos