Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Coruña presenta os seus méritos para acoller o Mundial 2030

A Coruña presenta os seus méritos para acoller o Mundial 2030

O Deportivo xustificou a súa ausencia ao acto organizado polo Concello

G24.gal 20/07/2024 14:20

A presentación da Coruña como sede do Mundial de Fútbol 2030 comezou con polémica, porque o Deportivo non asistiu a mesma por incompatibilidades de axenda, xa que os avisaron con pouco tempo de antelación, segundo confirmaron nun comunicado.

O equipo coruñés criticou a falta de información sobre as xestións realizadas por diferentes estamentos en torno o Mundial e cualificou este modus operandi por parte do Concello de non ser institucional e pediu a apertura dun diálogo, xa que a súa prioridade é manter Riazor cunha capacidade que non supere as 33.000 localidades. No acto de presentación a alcadesa da Coruña Inés Rey non fixo referencia á ausencia de representantes do Deportivo e referiuse ao aumento da capacidade do estadio.

Pola súa banda, Diego Calvo, vicepresidente da Xunta pediu o diálogo entre todas as administracións e que o financiamento do proxecto poida ser a partes iguais. Por último, todos coincidiron en sinalar que o Mundial repercutirá positivamente no crecemento da Coruña e de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos