Publicador de contidos
Publicador de contidos

A coruñesa Julia Benedetti acada a clasificación para os seus segundos xogos

A coruñesa Julia Benedetti acada a clasificación para os seus segundos xogos

A skater galega participará na modalidade de park

Conseguiu pasar o corte no preolímpico de Budapest

G24.gal 20/06/2024 19:59

Outra galega que estará en París; a skater coruñesa Julia Benedetti conseguiu a súa clasificación para os Xogos Olímpicos. Aos seus 19 anos será a súa segunda cita olímpica posto que debutou en Toquio no 2021 con só 16 anos na primeira aparición do skate como deporte olímpico.

A coruñesa finalizou décimo oitava no preolímpico de Budapest. Benedetti foi a mellor española nesta cita finalizando cunha puntuación de 78,01. Asegurou a súa praza en modalidade de park grazas o seu ránking olímpico, onde é vixésima. Tamén estará en París outra española, Nuria Laso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade