Publicador de contidos
Publicador de contidos

Miguel Méndez fala sobre o rol das xogadoras galegas na "Familia"

Miguel Méndez fala sobre o rol das xogadoras galegas na "Familia"

O adestrador vigués atópase preparando ao seu equipo para as olimpíadas

A primeira parada: o Torneo Cidade de Vigo

Fonte: A. Nevado/FEB
G24.gal 18/06/2024 12:12 Última actualización 18/06/2024 13:38

A selección española feminina de baloncesto continúa a súa preparación de cara aos Xogos Olímpicos de París. Miguel Méndez atendía aos medios a tres días de competir no Torneo Cidade de Vigo, primeiro test para "A Familia".

O adestrador vigués ten claras as súas prioridades e procurará nestes partidos preparatorios que o seu equipo colla ritmo de xogo. Méndez deixou ver que aínda non ten claro o equipo que levará a París e gaba a intensidade que amosan as súas xogadoras por facerse cun dos doce ocos.

"Trátase sobre todo dunha cuestión de estrutura de equipo, que fará que levemos a unhas convocadas ou a outras".

Tamén tivo boas palabras para as dúas xogadoras galegas incluídas na preselección, Paula Ginzo e María Araújo, que volve á selección tras superar unha grave lesión do ligamento cruzado.

"As dúas estano facendo moi ben. Coñezo ás dúas desde cativas e están a realizar un gran traballo".

(Sobre María Araújo) Fáltalle adestramento, pero leva traballado moito este último mes para poder estar aquí.

Desgraciadamente, non poderá contar con outra galega, a pivote do Valencia Basket Raquel Carrera. Unha baixa moi importante para o combinado nacional, tal e como resaltou o propio adestrador.

Polo de agora, a selección ten dous compromisos como parte do torneo amistoso que terá lugar en Vigo, onde Turquía (22 de xuño) e China (24 de xuño) serán as rivais da selección. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade