Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Barcelona pagoulle a Enríquez Negreira sete millóns desde 2001 por supostas asesorías verbais

O Barcelona pagoulle a Enríquez Negreira sete millóns desde 2001 por supostas asesorías verbais

A investigación da Fiscalía constata que os pagos aumentaron a súa partida na última fase do primeiro mandato de Joan Laporta, segundo El País

A RFEF requírelle información ao CTA e ao Barcelona sobre o caso Negreira

A RFEF di  que tamén acordou "comparecer nos posibles procedementos xudiciais que se sigan sobre este asunto"

Foto FC Barcelona Foto FC Barcelona
G24.gal 16/02/2023 13:19 Última actualización 16/02/2023 18:36

O FC Barcelona pagou ao vicepresidente de árbitros Enríquez Negreira sete millóns desde 2001 por supostas asesorías verbais O FC Barcelona abonou ao redor de sete millóns de euros ao entón vicepresidente dos árbitros españois, José María Enríquez Negreira, desde o ano 2001.

Así consta, segundo explicaron fontes xudiciais a El PAÍS, na investigación que a Fiscalía de Barcelona mantén aberta polos pagos supostamente inxustificados que fixo o club ao excolegiado a través da empresa Dasnil.

Aínda que as facturas existen, non hai rastro documental que probe a realidade deses traballos. O que explica esa falta de xustificación, segundo a declaración que Enríquez Negreira prestou ante a Axencia Tributaria, é que as súas “asesorías técnicas” eran “verbais”.

Eses pagos son distintos dos que tamén recibiu o seu fillo, Javier Enríquez, por informes sobre os árbitros que ían dirixir partidos do Barça e que si teñen soporte documental.

En 2001, durante a presidencia de Joan Gaspart, o club contratou os servizos de Enríquez Negreira, entón vicepresidente do Comité Técnico de Árbitros (CTA), o órgano de goberno dos árbitros adscrito á Real Federación Española de Fútbol (RFEF). O encargo fíxose á empresa Dasnil, que o colexiado creara só un ano despois de ser nomeado número dous do organismo. O motivo polo que o club decidiu contar cos seus servizos é unha das incógnitas que trata de despexar a Fiscalía. A investigación comezou en maio de 2022 e, ata a data, non se acharon indicios de que o diñeiro servise para comprar a vontade dos árbitros para favorecer ao Barça.

O Departamento de Integridade da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) iniciou "un requirimento de información reservada tanto aos responsables do Comité Técnico de Árbitros (CTA) como do FC Barcelona", ante "o conxunto de informacións coñecidas no día de onte".

Ditas informacións apunta ao pago de 1,4 millóns de euros por parte do club entre 2016 e 2018 ao entón vicepresidente do CTA, José María Enríquez Negreira.

Nun comunicado, a RFEF sinala que "tras as eleccións á Presidencia da RFEF a finais de maio de 2018, coa chegada do actual equipo de goberno, renovouse a cúpula do CTA, cesando aos anteriores directivos entre os que se atopaba o Sr. Enríquez Negreira".

"A RFEF esixe, ademais da declaración de non conflitos de intereses a todos os membros de diversos órganos e empregados, unha declaración ampliada asinada por todos os membros dos comités disciplinarios e de designación arbitral na que se obriga a detallar calquera ingreso, á marxe do percibido na RFEF, que puidese estar relacionado co fútbol para os efectos de poder avaliar e verificar a efectiva e real inexistencia de conflitos de intereses. Todos os membros presentaron e asinaron devanditos documentos", continua a federación.

Tras informar da apertura do mencionado "requirimento de información reservada tanto aos responsables do CTA como do FC Barcelona", a RFEF agrega que tamén acordou "comparecer nos posibles procedementos xudiciais que se sigan sobre este asunto". "No momento en que se dispoña da información suficiente, a RFEF adoptará as medidas correspondentes dentro do marco de legalidade que debe imperar en todas estas situacións", conclúe o comunicado.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos