Publicador de contidos

Publicador de contidos

A fichaxe de Retuerta ábrelle a porta de saída a Héctor

A fichaxe de Retuerta ábrelle a porta de saída a Héctor

O lateral esquerdo sub-23 asinou o contrato e xa fixo a primeira sesión de adestramento

G24.gal 26/07/2022 13:38

A confirmación da fichaxe de Alberto Retuerta polo Deportivo fará que o club teña que desprenderse dun dos laterais zurdos. Agora memo hai tres xogadores para cubrir o posto. Dous son incorporacións, o canteirán deportivista Raúl Carnero que volve á casa despois dunha exitosa traxectoria no fútbol profesional, e Retuerta, unha aposta de futuro que chega procedente do filial do Real Madrid. 

Así, é máis que probable a saída de Héctor Hernández. O que foi lateral titular as dúas últimas temporadas é un xogador moi apreciado pola afección grazas ao seu esforzo constante e conexión coa bancada. Sen embargo Héctor ten todos os boletos para deixar o equipo e haberá que estar atentos ao mercado nas vindeiras datas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade