Publicador de contidos
Publicador de contidos

A FIFA examina A Coruña para ser sede do Mundial 2030

A FIFA examina A Coruña para ser sede do Mundial 2030

En decembro a elección será definitiva

G24.gal 24/09/2024 15:58 Última actualización 24/09/2024 16:06

Primeiro tocou superar a criba da Federación Española. Agora toca a da FIFA. Unha delegación de máis de vinte persoas de FIFA están este martes A Coruña, repartidos entre visitas aos campos de adestramento, hoteis, aeroporto de Alvedro, zonas de fans no Peirao de Calvo Sotelo e no Parrote, ademais da visita ao campo de Riazor.

Día importante para que A Coruña sexa sede do Mundial 2030, algo que confirmará FIFA na asemblea de decembro. Os máis de vinte emisarios da FIFA están acompañados por representantes do Concello coruñés, cos concelleiros Manuel Vázquez e Gonzalo Castro.

Do Deportivo, con Massimo Benassi, conselleiro Delegado, e Jan H. Wappler, director Corporativo. Da Xunta, co secretario Xeral á fronte, José Ramón Lete Lasa. E tamén da Federación Galega de Fútbol, co presidente Rafael Louzán e o secretario Xeral, Diego Batalla.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade