A Galega pecha a fase regular da 1ª RFEF desde Balaídos e Riazor
A Galega pecha a fase regular da 1ª RFEF desde Balaídos e Riazor
A partir das 19:00 xogarase o Celta Fortuna-Barcelona Atlétic co cadro celeste pelexando por rematar na segunda posición
En Riazor haberá festa das grandes polo ascenso do equipo deportivista á Segunda División
Última xornada da Primeira Federación con dobre cita na G2 e Agalega.gal. Na G2 veremos o Celta Fortuna-Barcelona Atlétic. Os dous equipos, dos que mellor fútbol practican na categoría, están clasificados para a fase de ascenso pero tentarán mellorar a súa posición. Unha vitoria daríalle ao Celta o terceiro posto e mesmo poderían ser segundos.
Na galega.gal tamén poderán seguir o Deportivo-Real Unión e tras o encontro as celebracións do ascenso na G2. O Deportivo despide a temporada cun novo cheo en Riazor. Sen nada en xogo, máis que a honra de rematar a segunda volta da temporada invicto, recibe mañá o equipo de Fran Justo que quere asegurar a súa permanencia na categoría.
Os festexos arrancarán tras o partido cando os xogadores irán en autobús convertible a Catro Camiños e o domingo pola tarde será o acto en María Pita. Fin de semana de celebracións, en que os xogadores lucirán os seus novos looks, tras pasar por barbería e tinguir o pelo, como Lucas Pérez a quen o adestrador, Imanol Idiakez, ve na Coruña o ano que vén.
Este sábado tamén xoga o Arenteiro en Salamanca, na casa do Unionistas. Ten que gañar para xogar a Copa do Rei da próxima temporada. Máis motivación imposible para o equipo de Javi Rey.