Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta Fortuna firma as táboas co Barça Athlétic (2-2)

O Celta Fortuna firma as táboas co Barça Athlétic (2-2)

Iago Barreiro estreouse como goleador no Celta Fortuna tras unha asistencia de Hugo Burcio

Dani Rodrigues logrou o empate para o Barça Athlétic con dous goles en seis minutos

G24.gal 08/12/2024 13:45 Última actualización 08/12/2024 14:16

O Celta Fortuna logra sumar un punto no Johan Cruyff nun partido rocambolesco fronte ao Barça Athlétic. O encontro comezou con polémica tras o gol anulado por fóra de xogo a Yoel Lago no minuto 15. Os de Fredi Álvarez adiantáronse no 38 con un gol de Iago Barreiros, que se estrenaba como goleador coa camisola celeste, tras unha moi boa xogada de Hugo Burcio.

No comezo da segunda metade Miguel Román aumentaba a diferenza co equipo local dende o punto de penalti tras recibir unha patada de Mbacke. Dani Rodríguez igualou o encontro para a canteira culé, con dous goles no 50' e no 56'.

O Celta Fortuna sitúase no sétimo posto da táboa ao remate do encontro con 22 puntos, a falta dos partidos do F. C. Andorra, C. D. Lugo e Ponferradina SAD, empatando co playoff.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos