Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños de Vigo piden que volva o cruceiro retirado do Barrio do Cura a Teis

Veciños de Vigo piden que volva o cruceiro retirado do Barrio do Cura a Teis

O monumento estaba orixinariamente no contorno do parque da Riouxa

G24.gal 12/12/2024 13:56

A reforma do Barrio do Cura, vello núcleo mariñeiro vigués, levou por diante un histórico lavadoiro e un cruceiro preto do paseo de Alfonso.

Algúns deles poderíase localizar. Precisamente agora desde o outro extremo da cidade en Teis lembraron que o cruceiro debería volver alí onde se colocou por primeira vez en 1762.

Tras o valo metálico da obra a duras penas se aprecia a peaña do vello cruceiro que estaba na contorna do vello asilo de anciáns e do vello lavadoiro. Hoxe en día son historia, nalgunha documentación figura que se van recuperar, pero polo de agora non sabemos onde están. Bótanos de menos en Poboadores e iso que teñen outro ao final da costa.

Tamén repasaron a historia en Teis e decatáronse de que este cruceiro que tiña unha piedade nun dos lados estivo orixinariamente na súa parroquia en 1762, na zona que hoxe coñecemos como parque da Riouxa, por iso diversos colectivos do barrio, aglutinados no Plan Comunitario de Teis reclaman que volva ao seu lugar orixinal con medo a que remate nunha propiedade privada.

Non sería o primeiro monumento itinerante de Vigo, tamén se cambiou o monumento aos heroes da Reconquista, o Farol de Colón, a pérgola de Concepción Arenal e a estatua de García Barbón, agora no nó de Isaac Peral.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade