Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dobre escala de cruceiros en Vigo, con 10.000 visitantes

Dobre escala de cruceiros en Vigo, con 10.000 visitantes

10.000 persoas encheron as dársenas centrais da cidade

G24.gal 09/06/2024 14:16

Impresionante a imaxe que deixaron os dous colosos esta mañá en Vigo enchendo a zona máis céntrica do porto vigués de balbordo e cor. A maioría deles visitan por vez primeira a cidade, que lles sorprende e lles gusta. Visitan a zona antiga e moitos teñen xa anotado o que queren petiscar. Entre os pasaxeiros abondan os británicos e os americanos.

O Norwegian Getaway e o Queen Anne permanecerán na cidade ata as cinco e as seis da tarde. Atoparon moitos establecementos pechados e adquiriron agasallos nos postos ambulantes ata que os senegaleses foron disuadidos pola Policía Local. 

O Norweguian viña de Le Havre e o Queen Anne de Southampton e son cruceiros de gran luxo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade