Publicador de contidos
Publicador de contidos

A romaría dos Milagres atrae milleiros de fieis ao santuario de Baños de Molgas

A romaría dos Milagres atrae milleiros de fieis ao santuario de Baños de Molgas

A tradición continúa enchendo a contorna do lugar, que este domingo celebra o día grande

Pola noite celébrase un dos actos máis agardados, cando se vela a imaxe con unicamente a luz das candeas

G24.gal 07/09/2024 20:23 Última actualización 07/09/2024 20:40

En Ourense, a devoción e a tradición animan os fieis a manter vivo o costume de visitar o santuario dos Milagres en Baños de Molgas.

A maior parte proceden de Ourense. Os 30 quilómetros desde a capital ao monte Medo non son obstáculo para os que fan o percorrido andando. Este penúltimo día da novena está especialmente dedicado á mocidade.

Un dos momentos máis agardados é ao rematar o día. Apáganse as luces da igrexa e préndense as candeas, que acompañan a imaxe da Virxe ata o día grande, o domingo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade