Publicador de contidos
Publicador de contidos

As parroquias da diocese Tui-Vigo comunícanse por WhatsApp cos fregueses

As parroquias da diocese Tui-Vigo comunícanse por WhatsApp cos fregueses

A Igrexa súmase aos avances tecnolóxicos co obxectivo de facilitar a comunicación cos  fregueses

 O grupo xa supera os catrocentos usuarios

Comunidade de whatsapp da diocese Tui-Vigo
G24.gal 17/09/2024 20:51 Última actualización 17/09/2024 20:59

A Igrexa non queda atrás e bota man da tecnoloxía para chegar aos fregueses. Sábeno ben nas parroquias da diocese Tui-Vigo, onde o grupo de WhatsApp xa é imprescindible.

Os carteis informativos nas igrexas e as cartas a domicilio deixan paso a esta iniciativa, que consegue conectar todas as parroquias e mantelas informadas. 

Nesta comunidade hai perfís de todo tipo, como sacerdotes, colectivos sociais e asociacións. 

Con este chat, que xa conta con máis de catrocentos usuarios, a Igrexa únese á mensaxería instantánea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade