Publicador de contidos
Publicador de contidos

O ourensán Juan Jacobo Fernández xa é santo da Igrexa católica

O ourensán Juan Jacobo Fernández xa é santo da Igrexa católica

Foi canonizado polo Papa xunto cos outros mártires de Damasco

Morreu asasinado por defender a súa fe na capital de Siria en 1860

Andrés Pavón/Marta Troitiño 20/10/2024 13:50 Última actualización 20/10/2024 15:15

Xosé Ricardo leva décadas investigando a vida do seu devanceiro Juan Jacobo Fernández. Recolleu todos os documentos que fan referencia ao xa santo. Dende que tivo que deixar o convento de Herbón ata que regresou a Moire e, sobre todo, cando decidiu marchar de misioneiro a Siria, onde atopou a morte xunto cos outros mártires de Damasco na defensa da súa fe. 

"El sempre tiña claro que quería ir a Damasco. Non a un sitio mellor. Xoan Paulo II foi quen comezou a interesarse pola canonización.", explica o seu familiar e investigador da súa vida, Xosé R. Rodríguez

No lugar de Moire sempre houbo unha gran devoción polo beato, con misa e procesión todos os anos. Arranxouse a casa onde naceu e mesmo se lle fixo unha estatua. E na igrexa parroquial de Carballeda, onde foi bautizado, hai unha placa e unha efixie para lembralo. Os veciños tamén están orgullosos. E é que pouca xente vive ao pé da casa onde naceu un santo.

"A procesión saía dende a capela e traían a imaxe del ata a casa onde naceu."

"Claro que non é habitual vivir tan preto da casa dun santo."

San Juan Jacobo é o cuarto santo nacido na provincia de Ourense. Entre os seus familiares figura outro galego ilustre como Camilo José Cela. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade