Cortan o tráfico na igrexa de San Miguel de Oia para pedir que marche o párroco
Cortan o tráfico na igrexa de San Miguel de Oia para pedir que marche o párroco
Medio cento de persoas manifestáronse no templo vigués tras recoller 700 sinaturas contra o crego
Os veciños da parroquia viguesa de San Miguel de Oia, en Vigo, recolleron 700 sinaturas para que se vaia o párroco actual. Consideran que non ten tacto nin empatía ningúns porque fala de comida nos funerais e fai comentarios inconvenientes sobre as persoas falecidas.
Este domingo, medio cento de persoas protagonizaron un corte de tráfico ás portas do templo para protestar pola súa actitude.
A mobilización foi custodiada por dúas patrullas da Policía Nacional e local. No decurso da mobilización algúns adeptos do crego increparon os manifestantes, algúns deles non eran da parroquia.
Nunha conversa informal, don Benito díxonos que eran parvadas do pobo que se estaban magnificando. O Bispado comentou ás dúas e vinte da tarde que era todo un malentendido e que a actitude destes fregueses é unha "falta de sentido comunitario e eclesiástico".