O porto da Coruña lidera a chegada de cruceiros no noroeste peninsular
O porto da Coruña lidera a chegada de cruceiros no noroeste peninsular
Este ano prevese que 170 cruceiros con máis de 400.000 pasaxeiros fagan escala na cidade
O porto da Coruña é o que máis cruceiros recibe de todo o norte de España. De feito, de 2022 a 2023 o número de pasaxeiros que recalan na cidade incrementou nun 45 %. Segundo as consignatarias, esta tendencia vai á alza.
"O ano pasado viñeron 130, 133 paréceme que foron, con 130.000 pasaxeiros que pasaron por aquí e este ano virán sobre 170 e pasaremos dos 400.000 pasaxeiros, e a todo isto hai que sumarlle os tripulantes", sinala Luís del Moral da consignataria Rubine e Hijos.
O Ventura, o cruceiro que visita este martes de Entroido A Coruña, trae 3.192 pasaxeiros a bordo. Segundo distintos estudos, cada un deles pode gastar durante a súa estadía na cidade unha media de entre 60 e 100 euros.
"Depende, hai xente que si, depende da nacionalidade normalmente", di a propietaria dunha tenda de recordos.
"É un público intenso que apura as horas na Coruña para gozala, paseala e tamén para desfrutar dos seus locais de hostalaría", di un hostaleiro.
Comercios, locais de hostalaría, monumentos e lugares emblemáticos da cidade é o máis visitado polo cruceiristas, porén do que máis lle chama a atención é o polbo á feira.
"O que máis lles chama a atención é o polbo, case sempre, aí fan fotos pois máis bonitas, quizais", afirma unha guía turística.
Segundo as consignatarias, todas as navieiras de cruceiros existentes teñen A Coruña como un dos seus puntos para recalar.