Pontevedra celebra a XXIII edición da súa Feira Franca
Pontevedra celebra a XXIII edición da súa Feira Franca
É unha Festa de Interese Turístico de Galicia que traslada a cidade ao medievo
O rei Henrique IV de Castela concedeulle a Pontevedra en 1467 o privilexio de celebrar un mercado libre de impostos durante un mes. A cidade volveu viaxar este sábado ao medievo para rememoralo, coa vixésimo terceira edición da Feira Franca.
"É unha festa que a verdade estamos agardando todo o ano por ela", di unha das participantes.
A feira reúne recreacións históricas, espectáculos, obradoiros, gastronomía, artesanía... e atrae cada ano centos de visitantes.
"Nós vivimos en Barcelona pero temos familia aquí en Pontevedra, entón é unha ocasión de celebrar as festas da terra nai", afirma unha muller.
"Son da zona de Sanxenxo, de Noalla, e case todos os anos aproveito para vir gozar da feira", explica outra.
"Creo que é o día do ano en que se disfraza máis xente en Pontevedra", opina un home.
"Hai que ambientarse. Nin reloxo puxen, que no medievo non había", comenta unha participante.
"Eu fun comprando cousas, outras fíxenas eu. É unha mestura de todo", explica sobre o seu disfrace outro home.