Publicador de contidos
Publicador de contidos

Homes armados, bombas, un secuestro, así se afronta unha ameaza terrorista nun cruceiro

Homes armados, bombas, un secuestro, así se afronta unha ameaza terrorista nun cruceiro

O porto da Coruña acolle un simulacro de alerta terrorista nun buque que recala na cidade

O exercicio forma parte do adestramento das forzas armadas

G24.gal 03/05/2024 14:56

Por terra, mar e aire. Un transatlántico de bandeira italiana que navega preto da costa galega é secuestrado por cinco terroristas xihadistas. A alerta do capitán chega á Capitanía Marítima da Coruña, que activa o dispositivo de alerta terrorista.

A Armada desprega no mar o patrulleiro Serviola, que se encarga de transportar os grupos especiais da Policía Nacional que abordan o buque e conseguen facerse co control da situación. Abaten dous terroristas e conseguen deter os outros tres. Pero a ameaza continúa a bordo. Hai dous artefactos explosivos que é necesario desactivar.

O segundo artefacto explota no barco e provoca unha vertedura de fuel que conseguen controlar os mergulladores da Armada. Remata con éxito o que, afortunadamante, é só un simulacro.

A Coruña recibe este ano máis de 160 transatlánticos coma o Costa Diamante. Existe a ameaza, pero tamén as medidas de seguridade e os medios para neutralizala.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade