Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cada recuncho do Gaiás encheuse de fantasía nunha nova edición de Cidade Imaxinaria

Cada recuncho do Gaiás encheuse de fantasía nunha nova edición de Cidade Imaxinaria

A Xunta achegou á Cidade da Cultura 14 propostas lúdicas con preto dun cento de artistas como despedida das vacacións para a cativada

G24.gal 07/09/2024 21:18

Cada recuncho do Gaiás encheuse de fantasía na tarde deste sábado... Teatro, circo, maxia, música e unha infinidade de xogos amenizaban o lecer dos máis cativos na Cidade da Cultura.

"Eu o que vin foi o teatro e a orquestra", "hai moitos espectáculos e mola moito", "vin as randeeiras, os xogos, os mimos", din algúns dos cativos.

Un total de 14 propostas artísticas, con seis espectáculos e oito zonas de actividades e preto dun cento de artistas apostaron por un lecer compartido entre cativada e adultos... e semella que foi todo un éxito. Participaron centos de familias. 

"Cando vimos as actividades non o dubidamos, parecíanos un moi bo plan", di unha nai.

Tamén houbo espazos sensoriais para bebés, instalacións de realidade mixta, unha zona de petiscos para a merenda e a creación dun mural colaborativo con temática medioambiental.

"Que participen todos, que ademais hoxe estamos traballando con pinturas ecolóxicas", di Tati Peña, unha das monitoras.

"É moi divertido para pasar a tarde e non te aburres na casa", asegura unha nena.

Foi unha cita destacada para os máis pequenos da casa por conxugar na súa programación a vertente lúdica coa artística, a pedagóxica e a didáctica.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade