Cargando resultados...
'Hábitats. Natureza estendida': tocar unha leoa, estar no fondo do mar ou abrir o teito do museo
'Hábitats. Natureza estendida': tocar unha leoa, estar no fondo do mar ou abrir o teito do museo
É unha experiencia sensorial inmersiva accesible a partir dos 9 anos de idade
Permanecerá aberta no Museo Centro Gaiás ata o 19 de maio de 2024
G24.gal
09/12/2023 15:30
Última actualización 08/12/2023 19:40
Hábitats. Natureza estendida é unha innovadora aventura que abriu as súas portas ao público na Cidade da Cultura. Trátase dunha experiencia inmersiva que nos leva a explorar oito destinos dos cinco continentes. Para vivila hai que poñer unhas lentes de realidade mixta, que van un paso máis alá da realidade virtual.
A mostra permítenos acariñar unha leoa en África ou unha osa xa extinta nunha cova do Courel, tocar a Gran Barreira de Coral, ver pasar ao noso lado unha balea de 20 metros e gozar entre as focas da Antártida dunha aurora boreal que abre o teito do Museo Centro Gaiás.