Publicador de contidos
Publicador de contidos

'Barreiro. O silencio que chove luz na xanela', unha fogueira de cores no Gaiás

'Barreiro. O silencio que chove luz na xanela', unha fogueira de cores no Gaiás

A mostra recolle máis de medio século de obras do pintor de Forcarei

Permanece na Cidade da Cultura ata o 28 de abril de 2024

G24.gal 28/02/2024 21:43 Última actualización 28/02/2024 21:51

Lugrís dedicoulle un verso ao seu amigo Barreiro: "O silencio que chove luz na xanela". E tal é o título da exposición sobre 60 anos de pinturas e debuxos de Barreiro que está aberta na Cidade da Cultura.

Ademais de visitar a mostra, puidemos coñecer a dita xanela, que está no taller do artista. Concretamente, en Santa María de Cela, Bueu. Alí, partindo do gris horizonte imos chegando á pintura. E do taller do pintor, de volta á exposición no Gaiás. E outra vez á xanela que debuxa no mar de Ons un atrevemento de cores que sae da mirada de Barreiro.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade