'Hábitats. Natureza estendida', unha experiencia de realidade mixta no Gaiás

A mostra pode visitarse ata o 19 de maio de 2024 no Museo Centro Gaiás

É accesible a partir dos 9 anos de idade

G24.gal 06/12/2023 20:56 Última actualización 06/12/2023 21:39

Abriu ao público na Cidade da Cultura a mostra 'Hábitats. Natureza estendida'. Trátase dunha experiencia inmersiva que mestura realidade e realidade virtual, e nos invita a explorar oito puntos dos cinco continentes. Entre os primeiros visitantes había moita cara de sorpresa.

E é que, levándonos da man por algúns ecosistemas que doutra maneira serían inaccesibles, esta innovadora exposición fálanos de dúas ideas de futuro. Por unha banda, do futuro do noso planeta. E, pola outra, do que vai cambiar o noso día a día coas lentes de realidade mixta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade